Buscar
  • Isabel Blanco

Oda á Mornura da Emigración

Os homes levaban xersei de pico e camisa branca. As mulleres melenas longas, coma virxes, ata a cintura, ata que se apuntaron á moda de Ana Kiro. Pelo curto.


Acórdome daquela época con filtro vintage tipo o de Instagram, con cores diluídas, difuminados os contornos, pero chea de alegría, vitalidade, e en movento. Si, en movemento ilusionante: xente nova, nos ollos a cor da esperanza, conseguiran/"mos" saír dos traballos forzados da terra, a gañar diñeiro no urbanita guetto inconsciente. Así o chamo desde hai un tempo a esta parte. Pero o guetto foi semente dunha parte da Galicia do futuro. Aqueles emigrantes convertíronnos - aos descendentes deles- en cidadáns do mundo, pero dominados de por vida e por sempre por u sentimento de pertenza brutal á patria da emoción (para ben, e para mal).


Por iso sentín e sinto a Ana Kiro como propia, coma da familia. Porque vive en nós de tro da patria emocional. Teñamos en conta que houbo xente que descubría á mesmísima Rosalía de Castro através das súas cancións... Pois de aí veño...

Volvendo á recreación desa época ubícome sempre no Casino de Berna, un espacio grandioso, cun escenario onde vin as primeiras actuacións da miña vida. Tamén o Don Camilo, a onde viñan Os Novos Players...Pero a Ana nunca a vin alí, ela sempre estaba a dous metros de altura, no escenario do Casino.


Cada vez que viña era unha festa "nacional": a visita da raíña xeraba alegría, orgullo e reafirmaba a nosa identidade - subxugada e muteada durante os días de traballo e estudo-, naquel país das normas infinitas.


Ríome .... porque meu pai, coa emoción, sacáballe fotos, pero os encuadres eran arbitrarios... Así é que na casa só tivemos instantáneas das pernas de Ana Kiro. Hai que ter en conta que hoxe eriximonos todxs en fotógrafxs semiprofesionais. Vivimos nunha sociedade que 1 home é 1 cámara, stravés do seu móbil. Antes os carretes, por exemplo, eran de 36, ou de 24 +3 , dependendo se era de Kodak ou de Fujifilm, e a cámara só nos acompañaba en ocasión especiais, para recordar momentos irrepetibles.


Os recordos é curioso que nos veñan muteados, pero o certo é que os ambientes eran máis barullentos que agora, e desde logo nada acorde aos decibelios do país no que viviamos de prestado. En todo caso, e aínda así, nós m, co tempo fomos mutando.


De tan "jhieiros" que eramos, co noso permiso C, xa nos convertiramos enbmedio suizos. A conducta corrixida e adaptada ós cánones helvéticos. Pero: latendo en Galicia, coas nosas familias.


Helvetia, a gran irmán -como lle chamo medio de "coña", medio en serio-, xa fixera o seu traballo no noso software de pobo; as normas xa foran entrando para correxir , adaptarnos, e encaixar naquela realidade medida.


Era bonito, volvendo a vista atrás, ver o tan familiares que eramos....e ata certo punto "tribais"; cousa que me emociona no máis profundo dos meus apelidos.

Nenos correndo por entre longas e interminables mesas naquel gran salón ateigado de fume, porque iso sí: fumábase, e sorte se no cheiraba a farias. onde se brindaba con sol y sombra, caña, güiski ou viño. Saúde!....Ha,ha. ( Saúde, precísamente, non.) Parodoxal.

Aí vía eu later a forza obreira que eramos, naquela cidade de Galicia.


Eran épocas na que estabamos todxs máis gordiñxs, non existía o mundo light, a consciencia sobre a nutrición reducíase a algo moi básico, pero fundamental: NON VOLVER PASAR FAME. Así que comer era síntoma de que che ía ben. Naqueles entornos facíase gala da fartura de comida e da bebida. E, dito sea de paso: había que comer o que había no prato.


O imaxinario colectivo tamén me leva á banda sonora dos recordos. Cancións coas que vibraba toda a comunidade de galegos, nós xs nenxs incluídxs: Ana Kiro, Xil Ríos, Juan Pardo, Os Tamara, Os Novos Players, A Orquestra Compostela ...


Galicia para nós era aquelo. Galicia era alí. Nos centros galegos de Suiza. Os "temporeiros" ese día tamén se mesturaban coas pandillas de parellas que tiñan os fillos en Galicia, ou cos outros que tiñan os nenos recén traídos, para comezar a escola en Suiza (porque non deran marchado de volta a tempo para escolarizalos; aquelo tamén enganchaba).


E tamén se sumaban aqueles, que o pensaran un pouco mellor , e sabéndose alí por moito tempo-coma meus pais-, xa tiñan os fillos con eles.


Desde pequena tiven a "pandilla" resultante daquel ambiente, que aínda hoxe somos, espallada polo mundo (...)

Bonito espellarnos co tempo...

Aquel ambiente era denso, pero era morno, agradable, fogar. Familia, tribu, raza loba. Tempo de lecer en conta atrás.


O día que actuaba Ana Kiro, era o Dia Internacional da Identidade, da Identificación, da liberación das normas impostas, e da exaltación do Noso.


Ana, non era raíña, era Deusa. A Deusa do Guetto. Pero do Noso Guetto. Para min, aquelo en realidade, é Matria.


Texto protegido por derechos de autor ®

2 vistas0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

© 2020 Isabel Blanco