Buscar
  • Isabel Blanco

Pasaporte Galego




A encargada de contar a historia destes galegos e galegas singulares será outra filla de galegos que un día marcharon do país: a actriz e presentadora Isabel Blanco, nada en Suíza e que regresou a Galicia cando era unha adolescente.


Uns levan máis de 25 anos sen visitar a terra das súas raíces, outros volven con frecuencia coma se fose a primeira vez e todos eles son representantes de diferentes xeracións e percorridos. “Pasaporte Galego” contará por que volver non é a primeira opción para algúns, se existe ou non neles esa conexión emotiva con respecto ás súas orixes e á cultura dos seus pais e se perderon os lazos e os vínculos.


Todo isto contado a través dun formato moi innovador, próximo e íntimo á vez, con vontade de documental, pero coa axilidade que require un formato de entretemento. “Pasaporte Galego” aglutina fórmulas para achegar e facer atractiva a historia do personaxe ao espectador: cámara en movemento acompañándoos no seu día a día, entrevistas confidenciais no interior dun coche, ficcións para xerar sorpresas ou facer bromas, etc. Isabel Blanco establecerá unha convivencia harmónica cos protagonistas, coma se fose unha máis da familia, deixándose levar polo ritmo de vida de cada un dos persoeiros.


Nun primeiro momento, o docurreality visitará os protagonistas nos seus lugares de residencia (Río de Xaneiro, Miami, Caracas, Os Ánxeles, etc.). Na segunda parte do programa, realizarase con eles unha volta á orixe, física ou emocional, para reencontrarse con todo o seu patrimonio sentimental de Galicia. 


Listaxe de programas:


18 vistas0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Oda á Mornura da Emigración

Os homes levaban xersei de pico e camisa branca. As mulleres melenas longas, coma virxes, ata a cintura, ata que se apuntaron á moda de Ana Kiro. Pelo curto. Acórdome daquela época con filtro vintage